Amosando publicacións coa etiqueta games. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta games. Amosar todas as publicacións

venres, 17 de marzo de 2017

GAME: "Saint Patrick's Day Bingo"

Happy St. Patrick's day!!!


Hoxe é 17 de Marzo, e para celebrar o día de San Patricio, xogamos ao Bingo.

Os cartóns foron descargados da páxina: http://www.toolsforeducators.com/bingo/
Nesta web pódense preparar cartóns de bingo de diferentes temáticas en 3x3 ou en 4x4.

Preparación:
- Descargar cartóns. 
- Colorear e recortar
- Pegar en cartolina
- Forrar
- Recortar cadros de cartolina para marcar os acertos
- Facer tarxetas co vocabulario

Ter preparado algún pequeno premio para os gañadores, dependendo do gusto dos nenos. (Nós temos de premio figuras de cartón troqueladas de diferentes formas e cores brillantes)

martes, 10 de maio de 2016

GAME: "GUESS THE PERSON"

Ola!

En 4º estamos aprendendo sobre as descricións físicas de persoas. Para iso fixemos o noso propio xogo do "Quén é quén?" 

Cada un debuxou unha cara especial para formar parte do xogo, o importante é que todas as caras tiñas que ter algo diferente ás demáis.

Desfrutamos moito facéndoo, agora esperamos desfrutar tamén xogando!!! 

Un saúdo.

Hello!

In 4th grade we are learning about physical descriptions. For that we have created our own "Guess the Person" game.

Each student draw a special face for being part of the game, the important thing is that all of them should be different from each other.

We enjoyed a lot making it, now we hope to enjoy playing it!!! 

Greetings.