Amosando publicacións coa etiqueta Primary. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Primary. Amosar todas as publicacións

domingo, 16 de abril de 2017

STORY: "The Lion and the clever little Jackal"


Con motivo do Proxecto do cole "A volta ao mundo en 80 historias", os rapaces de 3º e 4º do Mestres Goldar están profundizando no coñecemento do continente africano.
Aínda que xa non formo parte deste cole, quedoume pendiente a montaxe deste audio-libro que fixemos na clase de inglés a partir dun conto popular que nos trouxeron directamente dende África, facendo así a nosa pequena aportación ao proxecto.

Moitas grazas ao alumnado polo seu esforzo e dedicación.

Aproveito a ocasión para enviar unha aperta agarimosa a todas esas persoas que fixeron tan gratificante e produtivo o meu paso polo cole.




venres, 17 de marzo de 2017

GAME: "Saint Patrick's Day Bingo"

Happy St. Patrick's day!!!


Hoxe é 17 de Marzo, e para celebrar o día de San Patricio, xogamos ao Bingo.

Os cartóns foron descargados da páxina: http://www.toolsforeducators.com/bingo/
Nesta web pódense preparar cartóns de bingo de diferentes temáticas en 3x3 ou en 4x4.

Preparación:
- Descargar cartóns. 
- Colorear e recortar
- Pegar en cartolina
- Forrar
- Recortar cadros de cartolina para marcar os acertos
- Facer tarxetas co vocabulario

Ter preparado algún pequeno premio para os gañadores, dependendo do gusto dos nenos. (Nós temos de premio figuras de cartón troqueladas de diferentes formas e cores brillantes)

domingo, 8 de xaneiro de 2017

PROJECT: "New friend for Christmas"

Dende a aula de inglés, este ano aproveitamos o Nadal para facer novos amigos arredor de Europa. 

Todo o alumnado de Primaria do CEIP Mestres Goldar (Vigo) participou neste proxecto, que consistiu en facer un intercambio de postais de Nadal con rapazas e rapaces de outros colexios, escribindo tamén unha pequena carta para coñecernos un pouco uns aos outros.

O primeiro paso foi poñerme en contacto con outros mestres que quixeran participar con nós, e para iso utilicei a plataforma eTwinning, que é como unha comunidade de centros educativos de toda Europa. 

Nun prazo máximo dunha semana xa tiña os socios axeitados para poñernos en marcha.

Os países cos que fixemos este intercambio foron distintos en función do curso:

1º de Primaria con Grecia

2º de Primaria con Francia

3º de Primaria con Polonia

4º e 5º de Primaria con Finlandia 

6º de Primaria con Estonia.
Como non sabemos falar en polaco, finés ou grego, utilizamos o inglés como lingua franca, xa que (ademáis de facelo nas clases de lingua estranxeira) un dos obxectivos do proxecto é motivar ao alumnado nesta lingua e que viran a súa utilidade para comunicarse arredor do mundo hoxe en día. Ademáis sirveunos para afianzar estruturas xa traballadas na aula e que nos axudan a falar de nós mesmos, dos nosos gustos, afeccións, etc. 

Cada curso, por suposto coa complexidade axeitada ao seu nivel:
1º EP
2º EP
3º EP

4º EP
5º EP


Unha vez tivemos as cartas, adicámonos a decorar as postais, cada quen ao seu gusto:




Unha vez tivemos todo listo, enviámolo por correo postal:




Mentres non recibíamos as nosas postais, os rapaces de 6º aproveitaron  para investigar un pouco sobre os países cos que estábamos traballando. Por equipos fixeron uns carteis con información importante, como cal é a capital e a bandeira, qué idioma se fala e cales son os monumentos máis coñecidos do país.







Con estes carteis fixemos un mural fóra da aula a disposición de todos os nenos e profes do cole, onde podemos ver onde están situados estes países e aprender un pouco sobre eles:




Despois dun par de semanas impacientes pola espera empezamos a recibir os paquetes dos nosos socios. Os rapaces emocionadísimos, e a profe... tamén!!


Aínda nos faltan un par de paquetes por recibir, que supoño estarán esperando a que volvamos das vacacións.

O balance do proxecto foi moi positivo sobretodo en canto á motivación, aínda que tamén en canto a aprendizaxe (non só de contidos). 

Por demanda do alumnado é moi probable que continúe este intercambio de cartas e postais para coñecernos máis profundamente. Manterémosvos informados!




venres, 6 de xaneiro de 2017

ACTIVITY: "My Christmas Stocking" - Students

Esta actividade foi realizada polos rapaces e rapazas de 3º de Primaria do CEIP Mestres Goldar.

Cada nena e cada neno deseñou o seu Christmas Stocking ao gusto e logo fixo unha presentación ao resto da clase, dicindo as cores empregadas e os obxectos de decoración.

Trabállase vocabulario relacionado co Nadal e as cores, ademáis das estructuras "It's ..." e "It's got...". Favorece tamén a producción oral (fluidez, entonación, pronunciación,...) e a pérdida de vergoña nas exposicións en lingua estranxeira.

Utilizamos tamén unha claqueta de cine para marcar o momento de silencio á hora de grabar.

MOI BO TRABALLO !!!


luns, 20 de xuño de 2016

ACTIVITIES: "Strange Animals"



Os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria do CEIP Felipe de Castro preséntannos a estes animais estraños que resultan da mezcla de dous animais coñecidos.

Nesta actividade realizada na clase de inglés, ademáis da creatividade e a imaxinación (que salta á vista que estes cativos teñen), traballamos as estruturas "It's got..." e "It hasn't got" para describir cómo son estas novas creaturas.



O libro orixinal estará a disposición do alumnado na biblioteca do centro.

Ademáis poderase ler de maneira dixital a través da revista que aparece a continuación creada en liña coa ferramenta issuu.


xoves, 2 de xuño de 2016

ADAPTED MATERIAL: "Food"


Material adaptado para traballar vocabulario relacionado con comida na clase de inglés de 2º de Primaria.
Unir imaxes e palabras seguindo o modelo:



Deixovos o documento en pdf por se o queredes descargar:

"Fruit" - Descargar pdf

PD: Se tedes algún problema coa descarga deixade un comentario e intentarei solucionalo.

martes, 10 de maio de 2016

GAME: "GUESS THE PERSON"

Ola!

En 4º estamos aprendendo sobre as descricións físicas de persoas. Para iso fixemos o noso propio xogo do "Quén é quén?" 

Cada un debuxou unha cara especial para formar parte do xogo, o importante é que todas as caras tiñas que ter algo diferente ás demáis.

Desfrutamos moito facéndoo, agora esperamos desfrutar tamén xogando!!! 

Un saúdo.

Hello!

In 4th grade we are learning about physical descriptions. For that we have created our own "Guess the Person" game.

Each student draw a special face for being part of the game, the important thing is that all of them should be different from each other.

We enjoyed a lot making it, now we hope to enjoy playing it!!! 

Greetings.



sábado, 9 de abril de 2016

" I Semana da Carta Manuscrita"

Bos días,
O alumnado de 5º e 6º do CPI Covaterreña van ter o pracer de participar na "I Semana da Carta Manuscrita", unha iniciativa para recuperar esa ilusión por recibir unha carta escrita a man con esa dedicación e detalle, que ás veces as novas tecnoloxías non poden trasmitir da mesma maneira.

Durante esa semana, do 17 ao 23 de Abril, todos estades invitados a enviar cartas manuscritas a aquelas persoas especiais que todos temos e a quen nos gustaría adicar unhas liñas. 

Dende a clase de inglés, aproveitamos esta iniciativa para facer novos amigos no CEIP Duque de Alba, en Almansa (Albacete). Estamos redactando cartas, decorándoas e desexando impacientes que cheguen as repostas dos nosos compañeiros.

Máis información no seguinte enlace:
https://www.facebook.com/semanadelacartamanuscrita/

Buenos días,
El alumnado 5º y 6º del CPi Covaterreña tendrán el placer de participar en la "I Semana de la Carta Manuscrita", una iniciativa para recuperar esa ilusión por recibir una carta escrita a mano con esa dedicación y detalle, que a veces las nuevas tecnologías no pueden transmitir de la misma manera.

Durante esa semana, del 17 al 23 de Abril, todos estais invitadas a enviar cartas manuscritas a aquellas personas especiales que todos y todas tenemos y a quien nos gustaría dedicar una líneas.

Desde la clase de inglés, aprovechamos esta iniciativa para hacer nuevos amigos en el CEIP Duque de Alba, en Almansa (Albacete). Estamos redactando cartas, decorándolas y deseando impacientes que lleguen las respuestas de nuestros compañeros.

Más información en el siguiente enlace:
https://www.facebook.com/semanadelacartamanuscrita/



domingo, 14 de febreiro de 2016

"ADVENTURE SPORTS"

 Nesta entrada presentamos a revista onde vos contamos en qué consisten os nosos deportes de aventura preferidos.

O traballo foi feito de maneira manual na clase de inglés, e a revista publicada utilizando por primeira vez a ferramenta Madmagz.

Espero que o desfrutedes!
Traballo realizado polas rapazas e rapaces de 4º de Educación Primaria do CPI Covaterreña.

In this entry we present our magazine where we introduce our favourite adventure sports.

This job was made by hand in the English class, and the magazine was published using for the first time the Madmagz tool.

I hope you enjoy it!
Made by 4th Grade boys and girls at CPI Covaterreña.

A mag created with Madmagz.

mércores, 3 de febreiro de 2016

"ABOUT ME AND CHRISTMAS": Display and end of the project.




Boas,

Xa temos o resultado final do noso proxecto de Nadal.

Esta semana chegáronnos as últimas postais dende Serbia e Croatia.

Espero que disfrutedes con él.


Good morning,

We have already the final product of our Christmas project.
This week arrived the last postcards from Serbia and Croatia.

I hope you enjoy it.





luns, 4 de xaneiro de 2016

"ABOUT ME AND CHRISTMAS" : Novas dende Serbia


O día 31 de decembro chegaron a Serbia algunhas das postais que fixemos con tanta ilusión. Enviáronnos este vídeo para darnos a nova e agradecer o traballo dos nenos e nenas de Sarria.

El día 31 de diciembre llegaron a Serbia algunas de las postales que hicimos con tanta ilusión. Nos enviaron este vídeo para darnos la noticia y agradecer el trabajo de los niños y niñas de Sarria.


sábado, 12 de decembro de 2015

"ABOUT ME AND CHRISTMAS" : Primeiro proxecto eTwinning

Bos días,
Hoxe quero anunciar que os nenos de 3º e 4º de Primaria do CEIP "Frei Luis de Granada" son os pioneiros eTwinners deste blogue. 
Comezou sendo un pequeno proxecto no que intercambiaríamos postais de Nadal con nenos dun cole en Polonia contando un pouquiño sobre nós mesmos, quen somos, qué nos gusta, etc… Agora mesmo xa enviamos postais ao cole de Polonia, a un cole de Croacia e a outro de Serbia.
O obxectivo principal deste proxecto é que os nenos atopen a utilidade de aprender inglés para comunicarnos con persoas doutros lugares con linguas natais moi diferentes ás nosas (polaco, serbio ou croata).
Estamos desexando que cheguen as respostas!!! 

Buenos días,
Hoy quiero anunciar que los niños de 3º y 4º de Primaria del CEIP "Frei Luis de Granada" son los pioneros eTwinners de este blog.
Empezó siendo un pequeño proyecto en el que intercambiaríamos postales de Navidad con niños de un cole en Polonia, contando un poco sobre nosotros mismos, quienes somos, qué nos gusta, etc... Ahora mismo ya enviamos postales al cole de Polonia, a un cole de Croacia y a otro de Serbia.
El objetivo principal de este proyecto es que los niños y niñas encuentren la utilidad de aprender inglés para comunicarnos con personas de otros lugares con lenguas natales muy distintas a las nuestras (polaco, serbio o croata).
Estamos deseando que lleguen las respuestas!!!
Seguiremos informando… ;)

Aquí algún exemplo: