Amosando publicacións coa etiqueta eTwinning. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta eTwinning. Amosar todas as publicacións

domingo, 8 de xaneiro de 2017

PROJECT: "New friend for Christmas"

Dende a aula de inglés, este ano aproveitamos o Nadal para facer novos amigos arredor de Europa. 

Todo o alumnado de Primaria do CEIP Mestres Goldar (Vigo) participou neste proxecto, que consistiu en facer un intercambio de postais de Nadal con rapazas e rapaces de outros colexios, escribindo tamén unha pequena carta para coñecernos un pouco uns aos outros.

O primeiro paso foi poñerme en contacto con outros mestres que quixeran participar con nós, e para iso utilicei a plataforma eTwinning, que é como unha comunidade de centros educativos de toda Europa. 

Nun prazo máximo dunha semana xa tiña os socios axeitados para poñernos en marcha.

Os países cos que fixemos este intercambio foron distintos en función do curso:

1º de Primaria con Grecia

2º de Primaria con Francia

3º de Primaria con Polonia

4º e 5º de Primaria con Finlandia 

6º de Primaria con Estonia.
Como non sabemos falar en polaco, finés ou grego, utilizamos o inglés como lingua franca, xa que (ademáis de facelo nas clases de lingua estranxeira) un dos obxectivos do proxecto é motivar ao alumnado nesta lingua e que viran a súa utilidade para comunicarse arredor do mundo hoxe en día. Ademáis sirveunos para afianzar estruturas xa traballadas na aula e que nos axudan a falar de nós mesmos, dos nosos gustos, afeccións, etc. 

Cada curso, por suposto coa complexidade axeitada ao seu nivel:
1º EP
2º EP
3º EP

4º EP
5º EP


Unha vez tivemos as cartas, adicámonos a decorar as postais, cada quen ao seu gusto:




Unha vez tivemos todo listo, enviámolo por correo postal:




Mentres non recibíamos as nosas postais, os rapaces de 6º aproveitaron  para investigar un pouco sobre os países cos que estábamos traballando. Por equipos fixeron uns carteis con información importante, como cal é a capital e a bandeira, qué idioma se fala e cales son os monumentos máis coñecidos do país.







Con estes carteis fixemos un mural fóra da aula a disposición de todos os nenos e profes do cole, onde podemos ver onde están situados estes países e aprender un pouco sobre eles:




Despois dun par de semanas impacientes pola espera empezamos a recibir os paquetes dos nosos socios. Os rapaces emocionadísimos, e a profe... tamén!!


Aínda nos faltan un par de paquetes por recibir, que supoño estarán esperando a que volvamos das vacacións.

O balance do proxecto foi moi positivo sobretodo en canto á motivación, aínda que tamén en canto a aprendizaxe (non só de contidos). 

Por demanda do alumnado é moi probable que continúe este intercambio de cartas e postais para coñecernos máis profundamente. Manterémosvos informados!




domingo, 20 de marzo de 2016

"ALL ABOUT EASTER"

 Empeza a Semana Santa!!!

E para conmemoralo os nenos de 5º do CPI Covaterreña, en Baiona, fixeron este traballo de investigación sobre cómo celebramos aquí estas datas. Cóntannos cal é a historia, tradicións, regalos e non podía faltar... cómo facer un roscón de pascua!!! 


O traballo forma parte dun proxecto de colaboración cun colexio de Glasgow (Inglaterra), que tamén nos contarán que é típico facer en Pascua onde eles viven.


Esperamos que o desfrutedes!!



Easter begins!!!


And to commemorate it 5th grade students from CPI Covaterreña, in Baiona, made this research job about how we celebrate this festivity. They tell us about history, traditions, presents and of course.... how to make a ring shaped cake!!!


This task takes part on a collaborative project with a school in Glasgow (England), who will tell us what is typical in Easter where they live.

We hope you enjoy it!!



mércores, 3 de febreiro de 2016

"ABOUT ME AND CHRISTMAS": Display and end of the project.




Boas,

Xa temos o resultado final do noso proxecto de Nadal.

Esta semana chegáronnos as últimas postais dende Serbia e Croatia.

Espero que disfrutedes con él.


Good morning,

We have already the final product of our Christmas project.
This week arrived the last postcards from Serbia and Croatia.

I hope you enjoy it.





luns, 4 de xaneiro de 2016

"ABOUT ME AND CHRISTMAS" : Novas dende Serbia


O día 31 de decembro chegaron a Serbia algunhas das postais que fixemos con tanta ilusión. Enviáronnos este vídeo para darnos a nova e agradecer o traballo dos nenos e nenas de Sarria.

El día 31 de diciembre llegaron a Serbia algunas de las postales que hicimos con tanta ilusión. Nos enviaron este vídeo para darnos la noticia y agradecer el trabajo de los niños y niñas de Sarria.


sábado, 12 de decembro de 2015

"ABOUT ME AND CHRISTMAS" : Primeiro proxecto eTwinning

Bos días,
Hoxe quero anunciar que os nenos de 3º e 4º de Primaria do CEIP "Frei Luis de Granada" son os pioneiros eTwinners deste blogue. 
Comezou sendo un pequeno proxecto no que intercambiaríamos postais de Nadal con nenos dun cole en Polonia contando un pouquiño sobre nós mesmos, quen somos, qué nos gusta, etc… Agora mesmo xa enviamos postais ao cole de Polonia, a un cole de Croacia e a outro de Serbia.
O obxectivo principal deste proxecto é que os nenos atopen a utilidade de aprender inglés para comunicarnos con persoas doutros lugares con linguas natais moi diferentes ás nosas (polaco, serbio ou croata).
Estamos desexando que cheguen as respostas!!! 

Buenos días,
Hoy quiero anunciar que los niños de 3º y 4º de Primaria del CEIP "Frei Luis de Granada" son los pioneros eTwinners de este blog.
Empezó siendo un pequeño proyecto en el que intercambiaríamos postales de Navidad con niños de un cole en Polonia, contando un poco sobre nosotros mismos, quienes somos, qué nos gusta, etc... Ahora mismo ya enviamos postales al cole de Polonia, a un cole de Croacia y a otro de Serbia.
El objetivo principal de este proyecto es que los niños y niñas encuentren la utilidad de aprender inglés para comunicarnos con personas de otros lugares con lenguas natales muy distintas a las nuestras (polaco, serbio o croata).
Estamos deseando que lleguen las respuestas!!!
Seguiremos informando… ;)

Aquí algún exemplo:




MOOC eTwinning "REFLEXIONANDO"



Facendo unha análise do que me gustaría mellorar no día a día das miñas clases conclúo en que os meus obxectivos principais van ser:
  1. Promover o traballo colaborativo do meu alumnado.
  1. Aumentar a súa autonomía para aprender con menos depencia dos adultos.
Os proxectos que me axudarían a acadar estes propósitos poderían ser, entre outros, “Ecofriends” e “Inspector Green” facendo aos rapaces responsables das súas propias accións para o coidado común do medio ambiente.

Haciendo un análisis de lo que me gustaría mejorar en el día a día de mis clases concluyo que mis objetivos principales serán:
  1. Promover el trabajo colaborativo de mi alumnado.
  2. Aumentar su autonomía para aprender con menos dependencia de los adultos.
Los proyectos que me ayudarían a alcanzar estes propósitos podrían ser, entre otros, “Ecofriends” e “Inspector Green” haciendo a los niños responsables de sus propias acciones para el cuidado común del medio ambiente.