Amosando publicacións coa etiqueta Animals. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Animals. Amosar todas as publicacións

domingo, 16 de abril de 2017

STORY: "The Lion and the clever little Jackal"


Con motivo do Proxecto do cole "A volta ao mundo en 80 historias", os rapaces de 3º e 4º do Mestres Goldar están profundizando no coñecemento do continente africano.
Aínda que xa non formo parte deste cole, quedoume pendiente a montaxe deste audio-libro que fixemos na clase de inglés a partir dun conto popular que nos trouxeron directamente dende África, facendo así a nosa pequena aportación ao proxecto.

Moitas grazas ao alumnado polo seu esforzo e dedicación.

Aproveito a ocasión para enviar unha aperta agarimosa a todas esas persoas que fixeron tan gratificante e produtivo o meu paso polo cole.




luns, 20 de xuño de 2016

ACTIVITIES: "Strange Animals"



Os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria do CEIP Felipe de Castro preséntannos a estes animais estraños que resultan da mezcla de dous animais coñecidos.

Nesta actividade realizada na clase de inglés, ademáis da creatividade e a imaxinación (que salta á vista que estes cativos teñen), traballamos as estruturas "It's got..." e "It hasn't got" para describir cómo son estas novas creaturas.



O libro orixinal estará a disposición do alumnado na biblioteca do centro.

Ademáis poderase ler de maneira dixital a través da revista que aparece a continuación creada en liña coa ferramenta issuu.


venres, 20 de maio de 2016

ADAPTED MATERIAL: "Farm animals"


Material adaptado a alumnado sen producción verbal ou escrita, aínda que sí comprensión oral, para traballar os animais da granxa na clase de inglés en 2º de Primaria.



Deixovos o documento en pdf para descargar por se o queredes imprimir. 

Farm animals - Descargar pdf

PD: Se tedes algún problema coa descarga deixade un comentario e intentarei solucionalo.