venres, 17 de marzo de 2017

GAME: "Saint Patrick's Day Bingo"

Happy St. Patrick's day!!!


Hoxe é 17 de Marzo, e para celebrar o día de San Patricio, xogamos ao Bingo.

Os cartóns foron descargados da páxina: http://www.toolsforeducators.com/bingo/
Nesta web pódense preparar cartóns de bingo de diferentes temáticas en 3x3 ou en 4x4.

Preparación:
- Descargar cartóns. 
- Colorear e recortar
- Pegar en cartolina
- Forrar
- Recortar cadros de cartolina para marcar os acertos
- Facer tarxetas co vocabulario

Ter preparado algún pequeno premio para os gañadores, dependendo do gusto dos nenos. (Nós temos de premio figuras de cartón troqueladas de diferentes formas e cores brillantes)

martes, 14 de marzo de 2017

ADAPTED MATERIAL: "Sports"


Material adaptado sobre deportes nunha lámina multiactividade:

  • Lectura de palabras escritas en letras maiúsculas.
  • Deletreo de palabas.
  • Colocar as letras e formar as palabras seguindo un modelo.
  • Escribir as palabras con ou sen modelo (asociando o vocabulario ao debuxo).
  • Colorear os debuxos sobre o deporte.
Elaboración:
  • Personalizar as láminas se fose necesario. (versión .docx)
  • Imprimir as láminas.
  • Plastificar.
  • Recortar as letras da lámina de letras.
  • Colocar belcros nas letras e nos ocos onde deben ir colocadas.


Descargas:

Se houbese problemas coas descargas deixade un comentario e intentarei arranxalo.